Ana María García Fernández

Responsable en Galicia

Licenciada en Dereito e Máster en Igualdade. Experta en Xénero e desenvolvemento e Xestión de ONG, con máis de 15 anos de experiencia en Cooperación Internacional desde a perspectiva de xénero.  Experiencia en terreo en países como Nicaragua, Bolivia, Ecuador, México e Mozambique.

Experiencia laboral na empresa privada e organizacións empresariais sen ánimo de lucro, fundacións, centros educativos de todos os niveis formativos e entidades gobernamentais públicas.

Actualmente responsable en Galicia de Coop4eQuality, Proxectos de Innovación Social SCP.

Principais fitos conseguidos:

  • Formadora en distintas entidades, entre outras do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e Coordinadora Galega de ONGD.
  • Redactora responsable Plan de Igualdade Concello de Cambre.
  • Integración da Perspectiva de Xénero do III Plan de Voluntariado da Xunta de Galicia.
  • Cofundadora da Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD e representante por Galicia da mesma ante a Rede GGEA (Rede de grupos de xénero estatal e autonómicos).
  • Achegas integradoras da perspectiva de xénero durante máis de cinco anos para as bases de subvencións da cooperación galega.
  • Coordinadora territorial de campañas nacionais como a Campaña Mundial pola Educación ou Móvete pola Igualdade.
  • I Premio Vicente Ferrer de Cooperación Internacional na súa primeira edición.
  • Coautora de diferentes publicacións e documentais.
  • Cofundadora e voluntaria da ONG SOLIDA.