Consultoría

A incorporación do enfoque de xénero nas organizacións públicas e privadas é clave para o desenvolvemento humano sustentable e relaciónase cos alicerces básicos da responsabilidade social.

¿Qué ofrecemos?

Proxectos con miradas e sistemas de traballo innovadores. Acompañamos ás organizacións para que aumenten o seu nivel de esixencia e respondan as demandas da cidadanía, para poder converterse en actores chave do cambio e a transformación social.

Gender Plans

Plans e políticas públicas de igualdade

Existe unha inxente normativa de ámbito internacional, nacional, autonómica e local que insta as administracións públicas a desenvolver plans de igualdade para converter en medidas e actuacións, os dereitos recollidos no marco xurídico. É un instrumento valioso e útil para poder traducir as normas xerais en accións concretas adaptadas a cada territorio.

Pero por queten que desenvolver as administracións publicas plans de igualdade? En primeiro lugar, son os axentes responsables de garantir a igualdade de dereitos para toda a cidadanía e das persoas que que habitan nos seus territorios. Ten e ser, por tanto, modelo e marco de referencia para as empresas e as entidades públicas e privadas. Ademais, contar cun plan de igualdade permítelles analizar e coñecer as necesidades concretas que ten que ser abordadas, planificar e ordenar a súa intervención e buscar e asignar os recursos necesarios para implementalos.

Existen dous tipos de plans de igualdade, ambos os dous necesarios e, en moitos casos, obrigatorios segundo os territorios. O plan interno de igualdade de mulleres e homes busca garantir a igualdade no funcionamento, a composición e a organización interna da entidade local. Por outra banda, o Plan de Políticas Públicas de Igualdade proponse coñecer en detalle as necesidades, capacidades e oportunidades das persoas que habitan nun territorio, dende unha perspectiva de xénero, para orientar estratexicamente, e de maneira coherente, as súas intervencións en cada unha das áreas sectoriais.

¿Como podemos prestar apoio as administracions no desenvolvemento dos seus plans de igualdade?

  • Desenvolvemento de plans de igualdade internos.
  • Desenvolvemento de plans de igualdade de políticas públicas.
  • Identificación e adaptación de plans de igualdade do ámbito supramunicipal.
  • Informes de impacto de xénero dos resultados dos plans de igualdade de políticas públicas, ex ante e ex post.
  • Avaliación dos plans de igualdade internos.
  • Plans de formación para o fortalecemento das capacidades internas para a incorporación da perspectiva de xénero, de carácter xeral ou aplicada ás diferentes áreas funcionais.
  • Formación para a elaboración de orzamentos sensibles ao xénero.

Social Gender

Xestión pública con enfoque de xénero

As competencias en materia de asistencia social recaen nas comunidades autónomas coa aprobación das súas correspondentes leis en materia de asistencia social e de servizos sociais. Estas compleméntanse con medidas recollidas en leis específicas como a lei de dependencia, a lei contra a violencia machista ou a lei de igualdade efectiva entre homes e mulleres, entre outras.

Para garantir estes servizos, o Sistema Público de Servizos Sociais conta coa concorrencia de prestacións e servizos de ámbito estatal, autonómico e municipal. Con todo, os servizos sociais ten sufrido unha

transformación moi importante ao enfrontar novos retos e unha maior complexidade, a causa do desenvolvemento lexislativo, a interrelación dos servizos e un maior coñecemento da diversidade da poboación nos nosos pobos e cidades e as súas necesidades e particularidades diferenciadas.

Ademais, evolucionaron da prestación asistencial de emerxencia, dirixida a cubrir unha atención básica das capas máis desprotexidas de poboación cara a un sistema de garantía universal dos dereitos accesibles ao conxunto da cidadanía. Doutra banda, no contexto creado pola COVID-19, asistimos a un momento estratéxico clave para reposicionar os servizos sociais nun lugar preeminente da axenda política, económica e social e abordalos cunha visión integradora e desde unha perspectiva de xénero.

¿Cómo axudamos as administraciones a desenvolver e aplicar os seus servizos?

  • Apoio na elaboración de plans en materia de servizos sociais.
  • Incorporación da perspectiva de xénero nos plans de actuación en materia de servizos sociais que xa están en marcha.
  • Identificación e mapeo dos recursos e servizos das entidades supramunicipais e das potenciais sinerxias entre administracións.
  • Actualización dos Plans de Acción Social para adecualos ao contexto da post- COVID-19.
  • Analizar a contribución efectiva dos servizos sociais do municipio aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible contidos na Axenda 2030.
  • Realización de informes de impacto de xénero ex ante e/ou ex post á implementación dos Plans de Acción Social.

Media Gender

Comunicar con perspectiva de xénero

A comunicación é unha función básica para a interacción humana e para o funcionamento da nosa sociedade e como unha ferramenta de conexión das institucións públicas e privadas, as empresas e as asociacións coas persoas e os axentes sociais. No caso das administracións públicas, esta función de comunicación adquire unha relevancia máis importante, xa que a frecuencia, as canles, o grao de transparencia e a linguaxe utilizada na súa comunicación marcarán a súa relación coa cidadanía, o seu grao de proximidade e a súa disposición para acoller a diversidade de persoas ás que dirixen a súa acción de goberno.

A administración, por tanto, ten a responsabilidade de protexer, defender e impulsar os dereitos humanos de todas as persoas e de velar pola igualdade de trato e de oportunidades. Por iso, ha de ser modelo e inspiración de hábitos que axuden á sociedade para respectar e exercer os dereitos, asumindo a diversidade social como un valor que ha de ser recoñecido e valorado positivamente.

Por outra banda, na sociedade actual, na que os contidos visuais e multimedia son cada día máis relevantes, é preciso tomar en conta que a comunicación non sexista ha de ir máis aló da linguaxe verbal ou escrita. Ten que incluír o amplo conxunto de instrumentos da linguaxe que constitúen a nosa comunicación: iconografías, fotografías, vídeos, infografías, etc., presentes tanto nas páxinas tanto nas páxinas web, nas redes sociais ou en toda clase de medios. Si o contido audiovisual transmite unha idea contraria á textual, a mensaxe que vai a prevalecer será o do contido audiovisual.

¿Como axudamos as administracions a logar unha comunicación inclusiva?

  • Mediante o deseño de campañas de comunicación con perspectiva de xénero.
  • A incorporación dunha linguaxe inclusiva no sitio web, as redes sociais e os materiais corporativos.
  • Formación para o desenvolvemento de hábitos de comunicación inclusiva.
  • Incorporación da perspectiva de xénero nos materiais institucionais: informes, boletíns, estratexias, plans e programas.

Gender Networks

Redes con enfoque de xénero

As políticas públicas non poden nin ten que elaborarse sen a participación da cidadanía. A súa colaboración é fundamental para garantir unhas políticas efectivas que teñan un impacto positivo sobre as persoas sobre as cales se desexa obter uns resultados.

Neste sentido, as mulleres tradicionalmente quedaron á marxe de moitos procesos nos cales, ben pola súa implicación directa, ou polas súas propias capacidades, experiencias e coñecementos, terían que xogar un papel de liderado. Con todo, as mulleres poden e queren exercer este rol de liderado e participar activamente no deseño, execución e avaliación das políticas públicas en xeral e das políticas orientadas a impulsar os seus dereitos en particular.

Ao mesmo tempo, incorporar a perspectiva de xénero é unha estratexia chave para lograr uns resultados que garantan a igualdade de dereitos e oportunidades. Neste sentido, a administración local ten a oportunidade de impulsar e dinamizar espazos de diálogo e encontro, de fortalecemento ou creación de redes de organizacións sociais e de promover o asociacionismo e liderado feminino. Nun contexto como o actual, de maneira especial, as mulleres ten que tomar parte nas decisións e nos programas sociais, políticos e económicos que se impulsen no futuro próximo e nas estratexias proxectivas de futuro.

¿Cómo colaboramos en incorporar e fortalecer o tecido asociativo e o liderado das mulleres do municipio?

  • Deseño e execución de proxectos que potencien os liderados e referentes femininos en defensa dos dereitos humanos das mulleres como unha oportunidade para toda a cidadanía.
  • Construción de redes en defensa da participación política das mulleres.
  • Elaboración de axendas nacionais e locais de mulleres.
  • Creación de espazos de diálogo e traballo conxunto entre diferentes axentes públicos e/ou privados a favor do desenvolvemento humano.
  • Deseño e dinamización de xornadas participativas de mulleres en determinados sectores económicos para analizar os principais obstáculos e oportunidades para as mulleres.