Latest news

Innovación social

Coop4 equality é unha empresa de innovación social especializada no deseño, o desenvolvemento e o crecemento de novas ideas a favor da igualdade de xénero. Propoñemos estratexias e actuacións que impulsen cambios sociais e melloren a vida das persoas.

Somos expertos en incorporar o enfoque de xénero con todas as súas múltiples dimensións e en todos os ámbitos da nosa sociedade. Propoñemos melloras na xestión pública, posibilitamos novos liderados empresariais con visión de xénero, buscamos a complicidade dos liderados políticos e abrimos espazos á participación da sociedade civil.

Os nosos proxectos impulsan a normativa nacional e os seus mandatos e tratados internacionais, como a Axenda 2030 para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, a Plataforma de  Beijing e a Nova Axenda Urbana.