Consultoría

A incorporación do enfoque de xénero nas organizacións públicas e privadas é clave para o desenvolvemento humano sustentable e relaciónase cos alicerces básicos da responsabilidade social.

¿Qué ofrecemos?

Proxectos con miradas e sistemas de traballo innovadores. Acompañamos ás organizacións para que aumenten o seu nivel de esixencia e respondan as demandas da cidadanía, para poder converterse en actores chave do cambio e a transformación social.

Xestión pública con enfoque de xénero

Coop4 equality acompaña as administracións públicas no propósito de incorporar a dimensión de xénero nas actividades e nas políticas, nos métodos e nos instrumentos que afectan á vida cotiá da cidadanía.

Traballamos no campo do desenvolvemento humano con enfoque de xénero e concibímolo como dous desafíos que van ineludiblemente ligados para conseguir unha verdadeira transformación social.

 

Qué ofrecemos:

  1. Deseño e execución de proxectos que potencien os liderados e referentes femininos en defensa dos dereitos humanos das mulleres como unha oportunidade para o conxunto da cidadanía.
  2. Construción de redes en defensa da participación política das mulleres.
  3. Elaboración de axendas nacionais e locais de mulleres.
  4. Desenvolvemento de instrumentos chave que promovan políticas e actuacións a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes.
  5. Creación de espazos de diálogo e de traballo conxunto entre diferentes actores públicos e/ou privados a favor do desenvolvemento humano.
  6. Creación de xornadas participativas de mulleres de determinados sectores económicos para analizar os principais obstáculos e oportunidades das mulleres.

Clústeres sociais con perspectiva de xénero

Acompañamos a institucións e empresas no desenvolvemento de  clústeres como un mecanismo de cooperación entre actores que traballan nun mesmo ámbito ou en ámbitos complementarios e que se coordinan para lograr un obxectivo común.

O clúster social permite actuar contra as carencias e desaxustes da nosa sociedade e, ao mesmo tempo, contribúe ao logro dos obxectivos económicos e tecnolóxicos dos cales participan. Ademais, facilita o desenvolvemento de estratexias consensuadas, orientadas a establecer coherencia entre as diferentes estratexias e políticas sociais e/ou de cooperación e facilitan a creación de indicadores e obxectivos comúns con visión transversal.

 

Qué ofrecemos:

  1. Elaboración dos documentos estratéxicos.
  2. Deseño e xestión do clúster.
  3. Avaliación continua e análise de recursos.
  4. Consultoría especializada en materia de clúster.

Plans e políticas públicas de igualdade

Deseño e implementación de metodoloxías para aplicar plans e políticas de igualdade. Analizamos as capacidades, propoñemos ferramentas e medidas concretas para lograr os obxectivos marcados e para introducir a perspectiva de xénero nas diferentes fases das políticas públicas.

Qué ofrecemos:

  1. Definición do marco conceptual e normativo básico das políticas de mulleres e a súa dimensión.
  2. Elaboración do Plan de Políticas de Mulleres: diagnóstico e plan de acción.
  3. Deseño ou selección das ferramentas para o seguimento e avaliación dos plans de políticas das mulleres.
  4. Coordinación dos diferentes plans de políticas das mulleres.

Políticas empresariais con perspectiva de xénero

Asesoramento, deseño e implementación dos proxectos de responsabilidade social da empresa, integrando a visión de xénero para dar respostas ás demandas e expectativas dos seus grupos de interese.

Prestamos apoio aos equipos directivos na identificación e consolidación de novas alianzas con diferentes actores e proxectos de investigación. Buscamos o proxecto que mellor se adapta á empresa, integrando os obxectivos empresariais co proxecto para desenvolver e contribuímos a realzar o seu compromiso coa sustentabilidade e a transparencia, incidindo na rendición de contas e na súa comunicación.

Qué ofrecemos:

  1. Presentación da solicitude para a obtención da subvención para a implantación dun Plan de Igualdade nunha pequena e mediana empresa.
  2. Elaboración do Plan de Igualdade establecendo medidas para conseguir os obxectivos establecidos, así como os indicadores para facer o seguimento e avaliación da execución do plan.
  3. Elaboración do protocolo de acoso psicolóxico, sexual, por razón de sexo ou orientación sexual e outras discriminacións que se poidan producir na empresa.
  4. Apoio para a obtención de distintivos, recoñecementos e certificados de excelencia empresarial en igualdade de xénero.
  5. Team- building 50-50. Actividades orientadas a promover unha cultura corporativa a prol da igualdade, a identificar e combater os estereotipos de xénero e a identificar o valor compartido da diversidade de talentos.
  6. Eventos-marca 50-50. Deseño de eventos, premios ou actos asociados á marca, cunha periodicidade, que reforcen e dean visibilidade ao compromiso da empresa coa igualdade.
  7. Cadro de mando para a xestión dos plans de igualdade. Deseño de ferramentas para a xestión e o seguimento de plans de igualdade e elaboración de informes periódicos.
  8. Estratexia de  RSE 50-50. Asesoramos na elaboración de estratexias  RSE orientadas a promover a igualdade de oportunidades ou incorporar a igualdade de forma transversal na estratexia xeral de  RSE.
  9. Estratexia corporativa  ODS (Axenda 2030). Asesoramos na identificación e comunicación da contribución da empresa ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, a partir da súa estratexia de negocio e de  RSE.
  10. Ofrecemos módulos formativos en igualdade de xénero para todo o persoal, en formato  online ou  semipresencial e módulos específicos aplicados ás funcións concretas da empresa.
  11. Análise de xénero no modelo de negocio. Aplicamos a metodoloxía de análise de xénero na estratexia de negocio, os plans de comunicación e os produtos e servizos da empresa.
  12. Mentoring e asesoramento en igualdade de xénero: Servizo externo e permanente para prestar apoio aos equipos de dirección de persoas na formulación ou revisión das políticas internas ou para incorporar o enfoque de igualdade nas campañas publicitarias e as estratexias de negocio e plans de comunicación con visión de xénero.