Formamos ás persoas para a súa realización persoal e para mellorar a súa contribución no cumprimento das súas funcións. Buscamos o desenvolvemento persoal, fortalecemento de capacidades e o empoderamiento individual e colectivo.
¿Qué ofrecemos ?
Realizamos programas formativos de xestión transversal de xénero de acordo cos preceptos normativos que establecen que os poderes públicos han de aplicar a perspectiva de xénero e a perspectiva das mulleres nas súas actuacións, a todos os niveis e en todas as etapas, o que se coñece como transversalidade da perspectiva de xénero e das políticas de igualdade de xénero.
I. Formación e capacitación da xestión transversal de xénero
A xestión transveral de xénero é crucial para o deseño das políticas públicas do século XXI e imprescindible para o desenvolvemento das políticas de progreso e transformación, que constitúen o verdadeiro reto das administracións neste período.
A formación que ofrecemos proponse proporcionar, en primeiro lugar, os fundamentos teóricos necesarios para entender que é a transversalidade de xénero e os fundamentos normativos que xustifican a necesidade de realizalo. En segundo lugar, trata de facer entender o que implica traballar coa perspectiva de xénero; é dicir, que cambios tense que producir na tarefa cotiá, por medio de exemplos de políticas deseñadas con visión de xénero. En terceiro lugar, mostra os dous instrumentos principais para implementar a xestión transversal de xénero nas actuacións públicas: os indicadores de xénero e os informes de avaliación do impacto de xénero.
Objectivos xerais:
- Coñecer que implica aplicar a a xestión transversal de xénero dentro da administración pública e dos seus produtos.
- Coñecer a normativa que dá soporte á implementación da xestión transversal de xénero nas adminsitracions públicas.
- Dispoñer de ferramentas para incorporar a igualdade de xénero na tarefa cotiá, sexa cal for a área de especialización.
Persoal destinatario:
A formació diríxese ao persoal directivo e cargos de responsabildiad (subdireccións e subdireccións xerais, de servizo e de sección ou similares) da administración pública.
II. Formación en igualdade de xénero
A formación versa sobre as desigualdades existentes na nosa sociedade e sobre o peso que ten a socialización de xénero, baseada en estereotipos e na consolidación dos roles tradicionais de xénero e as desigualdades que se derivan.
Objectivos xerais:
- Evidenciar que a igualdade de xénero non se alcanzou e que aínda existen desigualdades, moitas delas, estruturais.
- Formar na identificación dos estereotipos e facer patente como estes reforzan a división sexual do traballo e os roles de xénero.
- Evidenciar que a publicidade é sexista e reproduce roles e estereotipos de xénero.
- Explicar ata que punto os homes e as mulleres non son colectivos homoxéneos e como as desigualdades de xénero non afectan a todos da mesma maneira.
- Coñecer os fundamentos das desigualdades estruturais de xénero. Desigualdades e discriminacións de xénero.
Persoal destinatario:
A formació diríxese ao persoal das asociacións e entidades do terceiro sector.