Plan de Igualdade da empresa: Dori Dori Pastelería Tradicional SL

Preparación da proposta e presentación da solicitude para a obtención da subvención para a implantación dun Plan de Igualdade para Dori Dori Pastelería Tradicional, S. L.

Elaboración do diagnóstico sobre a actual situación do persoal e as condicións laborais desagregadas por sexo, recollendo as necesidades dos traballadores e traballadoras para eliminar discriminacións e desenvolver medidas de igualdade dentro da empresa.

Elaboración e implementación do Plan de Igualdade establecendo os obxectivos e o plan de acción de medidas para alcanzar os obxectivos, así como os indicadores para facer o seguimento e a avaliación da execución do Plan.

Sensibilización e formación sobre igualdade entre homes e mulleres, entre as medidas para adoptar dentro do plan de igualdade.