Protocolo de prevención do acoso sexual de Dori Dori Pastelería Tradicional, S.L.

Elaboración do protocolo que reúne nun só documento as actuacións para previr, detectar e resolver as situacións de acoso psicolóxico, sexual, por razón de sexo ou orientación sexual e outras discriminacións que poidan producirse na empresa.

O protocolo establece de maneira clara as actuacións e responsabilidades dos órganos que ten que intervir na resolución destas situacións e asegura un tratamento técnico adecuado na valoración de cada unha das actuacións, aplicando a metodoloxía máis axeitada segundo os principios xerais establecidos no mesmo protocolo.