COOP4EQUALITY PROMOVE A MESA MUNICIPAL DOS COIDADOS EN ON CONCELLO DE O GROVE

Trátase dunha iniciativa que busca propoñer un traballo comunitario e participativo, innovadora a nivel galego, que achegará ideas e propostas para mellorar as política sociais.

A Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove acollerá mañá martes a presentación do proxecto da Mesa Municipal dos Coidados ás asociacións da localidade. Esta presentación faise despois de que nas pasadas semanas xa lles fora presentada aos grupos políticos da corporación. A proposta parte da premisa de que, na situación que estamos vivindo, os coidados teñen que estar moi presentes nas políticas sociais. Deste xeito, inda que o Concello do Grove sexa o que lidere esta iniciativa, a colaboración entre os distintos colectivos e grupos sociais fará que este proxecto poida funcionar e poida mellorar a vida de moitos veciños e veciñas, facendo as cousas más sinxelas.

Dun xeito máis concreto, o proxecto susténtase nos principios de participación, apropiación, empoderamento, coherencia, transparencia, innovación social e transformación. Así, poñerase en marcha buscando establecer os mecanismos precisos para garantir a sustentabilidade das iniciativas ao longo do tempo, evitando iniciativas puntuais e sen continuidade. Por suposto, a perspectiva de xénero tamén será fundamental. As fases de desenvolvemento pasan por un traballo inicial de análise e diagnose, atendendo os recursos dispoñibles á hora de asegurar os dereitos de coidados e corresponsabilidade. Na segunda fase será cando se poñan en marcha as alianzas e será a Mesa Municipal de Coidados a que a lidere. Trátase de colaboracións entre os servizos municipais e as organizacións de mulleres, as organizacións sociais e, por suposto, tamén o sector privado involucrado no eido dos coidados.

O proceso participativo liderado polo Concello consistirá no desenvolvemento de mesas conxuntas dinamizadas por unha entidade consultora contratada para tal efecto. Nelas avanzarase dende a diagnose ata as propostas sectoriais máis urxentes e relevantes. O proceso finalizará cun compromiso firme de cada participante na Mesa para involucrarse nos obxectos e resultados da campaña. A planificación e a programación da proposta estará organizada ao redor de tres mesas ou comisións, correspondentes aos tres eixes fundamentais de traballo: persoas maiores e dependentes, fogares monoparentais e prevención da violencia machista.

O Concello do Grove dispuxo 7.000 euros para este proxecto e incluíu no equipo a profesora e socióloga Iria Vázquez Silva, o diplomando en Relacións Laborais e máster en Recursos Humanos pola USC José Manuel Pérez, e a filóloga e máster en Estudos da Muller e Políticas de Igualdade de Oportunidades Esther Pino os dos socios de a Consultoría de Innovación Social Coop4equality.

Novidades na Deputación de Pontevedra

Novidades en La Voz de Galicia