Avaliacions

Somos  unha empresa  avaliadora da certificación  SG  CITY 50-50. Aválanos unha experiencia continuada na defensa dos dereitos das mulleres e contamos con amplos coñecementos estratéxicos e técnicos en políticas de xénero e na incorporación transversal da perspectiva de xénero na xestión pública. Caracterizámonos pola máxima responsabilidade social e a independencia.

¿Qué ofrecemos?

Rigor, garantía e acompañamento aos municipios que se comprometeron a avanzar nas políticas igualitarias. Adecuámonos ás necesidades do municipio e facilitamos unha comunicación fluída e fácil.

A norma  SG  CITY 50-50 é a primeira certificación de ámbito internacional que permite implantar un sistema de xestión para avaliar e certificar o compromiso dos gobernos municipais a favor da igualdade de xénero.

A certificación  SG  CITY 50-50, elaborada pola Asociación  Forgender  Seal, pon a disposición dos municipios ferramentas que favorecen a integración da perspectiva de xénero nas políticas e as actuacións da administración local.

Mediante un proceso de certificación, o municipio obtén o Distintivo pola igualdade de xénero e, desta maneira, o municipio convértese nun actor con compromiso político e estratéxico a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes.

O Distintivo pola igualdade de xénero deseñouse de acordo coas competencias municipais, a normativa nacional e os mandatos e tratados internacionais en relación cos dereitos humanos das mulleres, o desenvolvemento humano, as cidades e o cambio climático (A Axenda 2030 e a Nova Axenda Urbana).

Proceso para a obtención do Distintivo

Para obter o Distintivo pola igualdade de xénero, o goberno municipal terá que  elixir, entre as accións propostas, cales serán os seus compromisos para os dous anos seguintes. Transcorrido este período, realízase unha avaliación para evidenciar os seus logros. Se o resultado é positivo, poderá renovar o Distintivo.

As accións organízanse en tres grandes áreas temáticas de xestión, divididas en bloques que son clave para lograr a igualdade efectiva entre mulleres e homes:

 

– Área de liderado, xestión interna e capacidades de organización municipal.

– Área de promoción dos dereitos das mulleres.

– Área de promoción dunha contorna libre de violencias e discriminacións.

 

O Distintivo, primeiro selo de xénero do ámbito municipal, é aplicable a todas as cidades do mundo, de calquera tamaño, que busquen reducir as desigualdades de xénero e cumprir coa lexislación en materia de igualdade.

O sistema adaptouse á diversidade territorial dos municipios e establece unha clasificación a partir do seu alcance poboacional.

O proceso de certificación é dixital e dispón de ferramentas que favorecen a comprensión e axilizan os trámites, de maneira que resulte fácil e rápido..

De quén somos avaliadores

Os seguintes municipios designáronnos como  avaliadores da Norma  SG  CITY 50-50 para obter o Distintivo pola Igualdade de Xénero da Asociación  Forgender  Seal.