Responsable en Galicia
Licenciada en Dereito e Máster en Igualdade. Experta en Xénero e desenvolvemento e Xestión de ONG, con máis de 15 anos de experiencia en Cooperación Internacional desde a perspectiva de xénero. Experiencia en terreo en países como Nicaragua, Bolivia, Ecuador, México e Mozambique.
Experiencia laboral na empresa privada e organizacións empresariais sen ánimo de lucro, fundacións, centros educativos de todos os niveis formativos e entidades gobernamentais públicas.
Actualmente responsable en Galicia de Coop4eQuality, Proxectos de Innovación Social SCP.
Principais fitos conseguidos:
- Formadora en distintas entidades, entre outras do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e Coordinadora Galega de ONGD.
- Redactora responsable Plan de Igualdade Concello de Cambre.
- Integración da Perspectiva de Xénero do III Plan de Voluntariado da Xunta de Galicia.
- Cofundadora da Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD e representante por Galicia da mesma ante a Rede GGEA (Rede de grupos de xénero estatal e autonómicos).
- Achegas integradoras da perspectiva de xénero durante máis de cinco anos para as bases de subvencións da cooperación galega.
- Coordinadora territorial de campañas nacionais como a Campaña Mundial pola Educación ou Móvete pola Igualdade.
- I Premio Vicente Ferrer de Cooperación Internacional na súa primeira edición.
- Coautora de diferentes publicacións e documentais.
- Cofundadora e voluntaria da ONG SOLIDA.