Preparación da proposta e presentación da solicitude para a obtención da subvención para a implantación dun Plan de Igualdade na Naviera de Remolcadores e Servizos, S. L.
Elaboración do diagnóstico sobre a actual situación do persoal e as condicións laborais desagregadas por sexo, recollendo as necesidades de traballadores e traballadoras para eliminar discriminacións e desenvolver medidas de igualdade dentro da empresa.
Elaboración e implementación do Plan de Igualdade, establecendo os obxectivos e o plan de acción de medidas para alcanzar os obxectivos, así como os indicadores para facer o seguimento e a avaliación da execución do Plan.