Axenda Local de Xénero, Urbana e de Desevolvemento Sostible para a Atención as Persoas. Liderazgo en defensa dos dereitos humanos das mulleres

A Deputación de Barcelona impulsou o proxecto “Axenda Local de Xénero, Urbana e de Desenvolvemento Sustentable para a Atención ás Persoas” co obxectivo de defender os dereitos humanos das mulleres, tendo a  CEDAW como marco normativo internacional, e de avanzar no logro dos fitos marcados na Axenda 2030 (Obxectivo  nº 5) e na aplicación da Lei 17/2015 de igualdade efectiva entre mulleres e homes, a partir dos fitos da Axenda 2030 e focalizando os seus obxectivos segundo a realidade do país.

É unha axenda que axuda a incluír a igualdade de xénero nos programas dos partidos políticos e reforza o papel da cidadanía que traballa a favor da igualdade de xénero.

A estratexia pon énfase no benestar social e das persoas, o que significa promover e garantir a súa calidade de vida e facer que a súa existencia tome en conta os elementos que fan posible a satisfacción humana ou social. É dicir, garantir os dereitos e a igualdade de oportunidades no control e acceso aos recursos e beneficios do desenvolvemento humano.

A Deputación de Barcelona ( DIBA), como institución  supralocal que engloba 311 municipios da demarcación de Barcelona e que representa o 74,4% da poboación catalá e o 24% da superficie de Cataluña, exerce un papel fundamental para garantir o benestar da cidadanía e prestar apoio técnico, económico e tecnolóxico aos gobernos locais para que poidan desenvolver os servizos necesarios para o benestar da cidadanía.