Informe sobre mulleres políticas do ámbito local en defensa do liderazgo político das mulleres.

Liderado en defensa dos dereitos humanos das mulleres, Deputación de Barcelona. O informe ten por obxecto presentar os resultados da análise da información obtida a través das enquisas realizadas coa finalidade de orientar os encontros e entrevistas posteriores previstas no proxecto.

Este traballo de análise previa permitirá valorar a pertinencia de crear unha rede de mulleres líderes no ámbito político municipal e, no caso de que así se decidise, facilitará a definición das liñas estratéxicas que poden orientar os obxectivos e actividades da mesma.

A enquisa enviouse a 567 mulleres que pertencen ás comarcas do Vallés Oriental, Vallés Occidental,  Maresme,  Bages,  Berguedá,  Moianés e  Osona. Dos 212 municipios que forman estas comarcas, responderon 70, o cal representa un 33% do total de municipios pertencentes ás comarcas mencionadas e un 22,5% do total de municipios da provincia de Barcelona.

A poboación á que dan cobertura os municipios que responderon a enquisa é de 1.176.634 habitantes, que representan o 55,2% da poboación total dos municipios das sete comarcas enquisadas e o 21,4% da poboación total da provincia de Barcelona.